ABSURDOS

ABSURDOS
Un neno autista precisa en gran medida de axuda para xeneralizar as súas aprendizaxes. É importante que se enfrente á resolución de problemas cotiás e que se dote das ferramentas necesarias para facerlles fronte. É preciso que o seu ser tan concreto adquira, aínda que a base de entrenamento, capacidade de abstraer.Recomendo actividades deste tipo, como é o traballo con absurdos. Ademáis de mellorar estes aspectos estamos a favorecer o aspecto comunicativo-linguístico.

Do mesmo xeito que no caso anterior será preciso tamén traballar CAUSA-CONSECUENCIA.

Interesante caderno práctico para favorecer o desenvolvemento da linguaxe espontánea

EL JUEGO DE LOS CUENTOS

EL JUEGO DE LOS CUENTOS
Interesante aplicación na que atopamos unha serie de contos con voz coas actividades correspondentes que nos servirán para traballar moitos aspectos, entre eles a atención. Ademáis no apartado "PROFES" inclúense as posibilidades que nos ofrece dentro da programación de aula.

EXPERIENCIAS DE ERIK E ALBERTO, DOUS NENOS CON AUTISMO.

EXPERIENCIAS DE ERIK E ALBERTO, DOUS NENOS CON AUTISMO.
EL SONIDO DE LA HIERBA AL CRECER.

PENSANDO EN IMAXES

FICHAS DE LECTURA

FICHAS DE LECTURA
Neste enlace recollo unha serie de fichasde lectura (palabra e imaxe) que nos poderán servir de axuda para a a aprendizaxe dunha lectura funcional.

LOTOS


ZAC é o primeiro e único navegador pensado exclusivamente para nenos con autismo e desordes de espectro autista. Os nenos interactuarán con él experiementando a súa independencia. Propón actividades para mellorar a dificultade na interacción social, dificultade de comunicación, comportamento repetitivo,etc. É un programa efectivo para nenos de baixo, medio e alto de autismo funcional. Ademáis inclúe un foro onde familias e profesionais poderemos compartir experiencias e recursos. É un navegador totalmente libre, gratuito e de rápida descarga.

lunes, 16 de noviembre de 2009

UTILIDADES DO BOARDMAKER



O boardmaker é un editor de taboleiros baseado no SPC para facilitar a comunicación alternativa. O certo é que resulta moi útil para elaborar materiais que nos han de servir para traballar con nenos que presentan alteracións na linguaxe xa non só a nivel expresivo. Esta imaxe que inclúo é un exemplo de como se poden secuenciar as actividades en pasos para nenos con dificultades na linguaxe comprensiva. No meu caso empreguei este tipo de material con nenos con trastorno de espectro autista é resultoume ben. Ademáis co boardmaker son moi sinxelas de facer.

sábado, 14 de noviembre de 2009

AXENDA E HORARIO SEMANAL




Estas duas imaxes correspondense con algúns dos materiais elaborados no meu centro para nenos con trastorno de espectro autista. Neste caso, a axenda de actividades diarias fixémola con fotografías e o horario semanal con pictogramas do programa Boardmaker. De tódolos xeitos no enlace que adxunto nesta entrada ofrecen a posibilidade de elaborar os taboleiros (menú escolar, horario de actividades, estacións, clima, etc.) de xeito moi sinxelo con material didáctico baseado no SPC. (Aparece se pinchades no título desta entrada, senón é a seguinte dirección:)
http://www.educa.madrid.org/web/cpee.joanmiro.madrid/SPC/4.htm

martes, 3 de noviembre de 2009

"Los trastornos generales del desarrollo. Una aproximación desde la práctica." Junta de Andalucía.

ESte libro forma parte dunha colección de material de apoio ao profesorado elaborado pola Junta de Andalucía. Neste caso remítovos ao Volumen 1 que versa sobre os trastornos de espectro autista. É moi interesante.

Documento: "El implante coclear y su rehabilitación"

Interesante artigo de Elena Mª Funes e Antonia Planes no que, de xeito moi claro e conciso, se describe o que é un implante coclear e o seu funcionamento, así como as fases nun programa de implante coclear e a posterior intervención.

lunes, 2 de noviembre de 2009

EXPERIENCIA PRACTICA: PARALISIS CEREBRAL

Este documento contén unha experiencia dun caso de P.C. É un traballo moi completo de identificación e intervención e aínda que non se axuste a nosa realidade concreta podenos dar milleiros de ideas para traballar con estos nenos.

sábado, 31 de octubre de 2009

CENTRO DE EDUCACIÓN DE ADULTOS DE CASTUERA

Portal de un centro de adultos de Extremadura no que podemos atopar moito material para traballar a adquisición de lingua con alumnado estranxeiro de tódolos niveis.

Grupo de traballo: "Elaboración y adaptación de materiales para alumnos con autismo y parálisis cerebral"

Neste enlace atopamos unha serie de materiais elaborados para un grupo de traballo levado a cabo por profesionais que traballan con nenos autistas e con parálise cerebral. Pódenos dar moitas ideas á hora de elaboración de material, tanto para conseguir un ambiente estructurado e predecible, como para traballar diferentes contidos de xeito adaptado.

OS SISTEMAS ALTERNATIVOS DE COMUNICACIÓN

Presentación acerca dos SAAC

Documento: "Soy un niño con TGD"

Interesante documento de Irene Berride que nos resultará de gran utilidade para coñecer, comprender e atender as necesidades dos nenos con TXD

Avaliación e intervención en dislalias. Materiais.

Esta páxina contén numerosos recursos que nos servirán á hora de avaliar e intervir as dislalias.

Aulas de Audición y Lenguaje

Sitio web no que nos ofrecen orientacións elaboradas polo governo vasco sobre a organización e o funcionamento da aula de AL, así como unha serie de criterios e estratexias para a avaliación da linguaxe.

Intervención en la alteración del habla más común, la dislalia

Este enlace recoge ejercicios tanto para la intervención directa como indirecta de las dislalias. Puede servirnos de ayuda!

viernes, 30 de octubre de 2009

Documento: Audición e Linguaxe. Xunta de Galicia.

Neste documento publicado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia podemos atopar información que nos pode resultar de gran interese, ademáis de proporcionar recursos útiles para mestres e familias.

Documentos e probas para a avaliación da linguaxe

Neste link atopamos algunhas das probas máis empregadas para a valoración da linguaxe en tódolos seus niveis. Ademáis inclúense unha serie de documentos a modo de rexistro para empregar en ditas avaliacións.

Programa de Estimulación da Linguaxe para Educación Infantil

Aínda que moitas das alteracións da fala que presentan os nenos ao longo da Educación Infantil poder ser derivadas dun atraso madurativo, é convinte que lles proporcionemos unha estimulación correcta durante o periodo de adquisición e desenvolvemento da linguaxe. Para isto poderemos levar a cabo nas nosas aulas exercicios de praxias bucofonatorias, exercicios de discriminación auditiva, exercicios de sopro e a traverso das diferentes unidades didácticas traballaremos os aspectos semánticos, morfosintácticos e pragmáticos.
Existen multitude de materiais que nos poden orientar á hora de programar o noso taller ou rincón da linguaxe. O que adxunto a través deste link foi elaborado pola Junta de Andalucía e está moi completo.

MÉTODO TEACCH

MÉTODO TEACCH
O método Teacch é un excelente método para traballar con autistas xa que deu resultados moi positivos con estes nenos. Ao ser materiais moi atractivos visualmente chaman a atención do neno e fainos motivadores para eles, ademáis fai que o neno sexa autónomo na realización das tarefas, debido a que son materiais que se presentan moi estruturados e ofrecen información visual, indicando no propio material o que se debe facer con él, en que orde e cando finaliza a tarefa. Así potenciamos o traballo individual e independente do alumno.

ALTERACIÓNS DA LINGUAXE

ALTERACIÓNS DA LINGUAXE
Neste enlace colguei un modelo que vos poderá ser moi útil para recoller a información a modo de informe da avaliación de calquera das alteracións da fala, así como para elaborar un esquema do plan de traballo. Resultará moi cómodo para casos nos que teñamos que diagnosticar un numero elevado de alumnos xa que facilitará a tarefa. O formato está daquela maneira pero así é a miña competencia dixital...